FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
HISTORIAS DE PROTOCOLO DE VOLTA Ó COLE. VENTILACIÓN
Deben de realizarse tarefas de ventilación, frecuente nas instalacións, e por espazo de polo menos 5 minutos (10 cando a sala ou aula estivese ocupada previamente) ao inicio da xornada, ao finalizar e entre clases.
Menos mal que vivimos nun lugar de temperaturas agradábeis no outono-inverno, sen humidade ambiental, e sen necesidade de utilizar sistemas de calefacción. Ademais os centros escolares son, como calquera sabe, un exemplo de illamento térmico e de modernización nas instalacións de climatización. Ademais os orzamentos dos centros escolares, amplamente incrementados nos últimos anos, teñen dotación sobrada para soportar os picos de consumos que se van producir cada vez que unha aula quede a temperatura ambiente (ambiente frío) como consecuencia da apertura, cada 50 minutos !!!, das fiestras das aulas.
Por suposto que é preciso ventilar, agora e tamén antes, pero de verdade que quen escribiron ese protocolo non imaxinan o imposíbel que é manter calefactado un espazo que se ventila cinco minutos de cada 50 ? e moito menos co orzamento miserábel que teñen uns centros de ensino que por riba teñen que asumir o sobrecusto de máscaras, xeles e demais produtos sanitarios. De verdade que non se lles ocorreu pensar en algo que sexa viábel, sen conseguir que todo o alumnado enferme por pura friaxe ?