HISTORIAS DE PROTOCOLO DE VOLTA Ó COLE. TEMPO DE RECREO

Dentro das medidas posibles a adoptar pola dirección do centro, atendendo a idades e peculiaridades do alumnado incluirase, de ser o caso, a reducción da duración dos recreo ou a realización de recreos en aula.
Na medida do posible nos espazos dedicados a recreo marcarase no chan sinalización que lembre as distancias de seguridade
Así que, a partir de setembro, o profesorado pode facer recreos na aula..........e isto como sería? Se as crianzas nas aulas teñen que estar quietas, mirando para diante, falando baixiño...........ou sexa o recreo será como estar nunha clase.
Redución dos recreos? pero si cos protocolos xa non van quedar recreos. Os 15 minutos de recreo quítalle o tempo de desinfectar as mans para saír o patio e volve a quitarlle o tempo de desinfección de mans para entrar no colexio. Que nos queda????
En caso de poder saír non te saías da túa cuadrícula que che teñen marcado no chan........
Que lles queda as crianzas????