HISTORIAS DE PROTOCOLO DE VOLTA Ó COLE. SEGUIMOS COMA MESMA DISTANCIA

"PAra a odernación dos espazos escolares nas aulas tomarase en consideración o centro da cadeira onde se sitúe ao alumnado e gardarase, cando menos 1 metro de distancia respecto dos centros das restantes cadeiras que a rodeen"

 Contaba alguén, non hai moito tempo, que a distancia social que se recomendaba era de 2 metros pero, despois de pensar e facer números, houbo xente que entende sobre o tema que con metro e medio chegaba para gardar a distancia de seguridade entre as persoas. E sen usar máscara. Para que todo o mundo o tivera claro decidiron escribir o 9 de xuño un Real Decreto-lei onde quedara reflexado. Como sempre hai alguén que se despista, tamén se lles ocorreu escribilo no DOG (Diario Oficial de Galicia). E por si non abondara, en calquera lugar atopámonos con sinais de todo tipo que nos recordan que debemos usar máscaras, respectar a distancia de seguridade (1,5 metros) e lavarnos e desinfectarnos ben. E xa non digamos nas casas, que non paramos nin pararemos de recordárllelo tódolos días aos nosos fillos e fillas. Cansiños estarán de escoitarnos Pois iso que se di, se conta, se oe, se fala, se rumorea, .... de que se deberá asegurar que se adopten as medidas necesarias para garantir unha distancia interpersoal mínima de 1.5 metros, así como o debido control para evitar as aglomeracións deben ser contos que se escoitan por aquí e por acolá. Vai ser, que isto non vai ser verdade. A mediados do mes de xullo alguén sacou un Protocolo no que se di que os rapaces e rapazas poden estar dentro da aula a un metro de distancia contado a partir do centro da cadeira. Vai ser, que isto será verdade?? Pero quizás esta baixada de metros que temos en Galiza vai ser porque a medida que nos achegamos ao outono e inverno as temperaturas van baixar. Se as matemáticas non menten, e por regra de tres inversamente proporcional, a mais frío menos distancia. Polo tanto, cando veña o frío que mellor que estar todos e todas ben xuntiños e quentiños