FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
HISTORIAS DE PROTOCOLO DE VOLTA Ó COLE. GASTOS DE FUNCIONAMENTO
" Corresponde ao centro educativo, con cargo aos seus gastos de funcionamente, suplir o aprovisionamento de equipos de protección que non sexan centralizados pola consellería".
Temos cartos !!, e nós, pailarocos, pensando que non os había. Levamos anos dicindo que os orzamentos dos centros escolares non chegan a nada, que teñen que andar na procura de medios facendo malabares cos gastos, e resulta que non, que tiñamos cartos, e moitos!!, non uns poucos; sen recibir máis diñeiro, ademais do que xa estabamos a pagar, agora imos investir en xel a moreas, en máscaras, en panos desbotábeis para a limpeza... en todo o que precise a COVID-19 e o protocolo da xunta, que foi quen nos dixo que tiñamos con que pagalo.
E ás familias non temos nada que lles pedir, que ninguén imaxine que imos esixir aos nenos-as que veñan ás clases co seu boteciño de xel, ou a súa máscara da casa, ou os panos, ou outros 500 folios coma os que xa temos gardados, Nooon, imos avanzar aínda máis no do ensino gratuíto, iso que se lles ocorreu pór na Constitución pero que aquí xa interpretamos hai tempo correctamente: gratuíto si, pero a vaquiña polo que val, e pagar temos que pagar todas todo o que faga falla.
Pero temos cartos, non hai de que se queixar, mi madriña se non os chegamos a ter, aínda habiamos gastar todo o presuposto en limpeza !, e logo que habiamos facer coa calefacción, co que imos gastar este ano con tanto abre e pecha das ventás.