ESCRITO AS FAMILIAS POLA COMPRA DE MATERIAL COVID

Estimadas familias:
Dende a Confederación Anpas Galegas estamos vendo con preocupación como a insuficiencia de recursos dos centros educativos repercute negativamente na economía das familias xa de por ela maltreita pola crise económica provocada pola pandemia.
Por isto recordámosvos que tedes dereito a un ensino gratuíto e esa gratuidade ten que incluír o indispensable material de protección ante a COVID-19.
NAS INSTRUCIÓNS POLAS QUE SE INCORPORAN A DECLARACIÓN DE ACTUACIÓNS COORDINADAS EN MATERIA DE SAÚDE PÚBLICA APROBADAS POLO CONSEJO INTERTERRITORIAL DO SISTEMA NACIONAL DE SALUD PÚBLICA (D.O.G No 174 BIS DO 28-08-2020) E A ACTUALIZACIÓN DAS RECOMENDACIÓNS SANITARIAS DO COMITÉ CLÍNICO AO PROTOCOLO DO 22 DE XULLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 e no PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021. Versión 16-09-2020 indícase que:
6.1. A consellería realizará un aprovisionamento inicial de elementos de sinalización e máscaras de protección. Corresponde ao equipo formado na COVID-19, en colaboración coa secretaría do centro, o inventario das mesmas e arbitrar un mecanismo de distribución que acredite a súa entrega e o seu consumo para a actividade propia do centro.
6.2. Corresponde ao centro educativo, con cargo aos seus gastos de funcionamento, suplir o aprovisionamento de equipos de protección que non sexan centralizados pola consellería, en especial xel hidroalcohólico e os seus dispensadores, panos desbotables, materiais de limpeza e desinfección, mamparas para uso no comedor, papeleiras de pedal, impresión de cartelería e, cando resulten insuficientes, máscaras de protección.
6.3 O centro educativo arbitrará as medidas oportunas para que o inventario e contabilización dos custos deste material sexan individualizables respecto das restantes subministracións do centro, co obxecto de coñecer con detalle os sobrecustos derivados das medidas de prevención e hixiene ante o COVID-19 e vixiar o consumo axeitado do mesmo.
Corresponde ao equipo COVID en colaboración coa secretaría do centro distribuír ou organizar a distribución do material, levar a súa contabilización e inventario separado e certificar os consumos e gastos producidos.
Polo tanto,os centros educativos no deberan esixir ao alumnado, nin ás súas familias, que se fagan cargo da subministración de material de protección colectiva, como o xel ou os panos desbotábeis; figure ou non no plan COVID do centro, porque nos plans de adaptación dos colexios non poden reflectir unhas normas contrarias ás instrucións publicadas pola Consellaría de Cultura, Educación e Universidade.
Animámosvos a denunciar estas situacións, primeiro diante da dirección dos centros, e se a súa resposta non fose a axeitada, diante da inspección educativa. É claro que os orzamentos dos colexios non están previstos para ese gastos, e probablemente en moitos casos teñan dificultades para afrontalos, pero non é ás familias as quen teñen que mirar, senón á consellaría, e nesa demanda podemos ir xunta deles para apoiar mellores dotacións e medios abondos. Ese si que podería ser unha colaboración efectiva.
Agardamos que esta información sexa da vosa utilidade.