FAPACEL E ANPAS GALEGAS COMENZAN CAMPAÑA APOIO A ANPA DO COUREL

Pedímos a tódalas Anpas que apoiedes ás reivindicacións da Anpa do Courel porque é a reivindicación do rural galego: seguir existindo.

É suficiente con que publiquedes nas redes unha fotografía onde apareza a frase “ As anpas do rural ( ou a anpa....) apoiamos á Anpa do Courel” cos hastag #xuntadegalicia #anpacourel #anpasgalegas

A Anpa do Courel leva moitos días mobilizándose para evitar que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade licite as liñas de transporte escolar nas condicións que ten previsto. Porque de facelo así reduciríanse o número de rutas e polo tanto incrementaríase moito o tempo dos percorridos . Por outra banda todos os taxistas que fan as rutas escolares quedarían sen ese traballo. Isto supón que o vinte por cento das familias do colexio perderían boa parte dos seus ingresos nunha zona onde as posibilidades de atopar traballo son bastante escasas.

Dende a Confederación ANPAS GALEGAS coidamos que o que se perde nesta situación non é só calidade no transporte escolar e postos de traballo. O que perdemos todos é un pouco máis da montaña e do rural. É un problema de todo o País.