FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
A ANPA DO COUREL DOBREGOU A CONSELLERIA DE EDUCACION
Dende a Confederación ANPAS GALEGAS celebramos que a mobilización social promovida pola Anpa do Courel en contra da licitación do novo contrato de transporte escolar no concello do Courel faga reflexionar á Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional e paralice o procedemento de licitación destas liñas ( e outras) de transporte escolar.
Esa reflexión ten que darse non só polo transporte escolar nesta zona de montaña, debe darse por todo o rural.
Se realmente este goberno apostase polo rural como tantas veces proclamou, ata o punto de que a última lexislatura deu en chamarse “ A lexislatura do rural”, sería un momento marabilloso para que se vira cumprido ese compromiso.
Porque o rural non se defende nin se protexe con palabras nin con publicidade baleira, ten que haber algo máis, é preciso un plan serio para todo o que abrangue , para a educación, para a sanidade, para os servizos sociais, para o emprego...
É imprescindible falar de discriminación positiva e é o momento de falar en serio do rural. Aquí non hai zona gris; ou queremos un rural vivo ou non. Non vale un que imos deixando morrer. Iso non convén a Galiza.
Agardamos que esa paralización non sexa unha cortiña de fume para tranquilizar os ánimos e reabrir o procedemento máis adiante nas mesmas condicións.
E xa de paso facemos unha suxestión: que tal se a consellaría iniciara un diálogo permanente sobre o transporte escolar ?, porque é un dos maiores problemas na organización escolar galega, e semella que, por máis que o solicitamos, non hai xeito de falar máis que nas rúas e con pancartas; e esa non é a nosa idea de diálogo, e non debera tampouco selo a da consellaría