FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
A Anpa do frei Luis de Granada celebra o 25-N cun ciclo de conferencias.
A Anpa do Ceip Frei Luis de Granada este ano comezou un programa educativo, denominado Convivindo na Igualdade.
Os 5 centros educativis de infantil e primaria de Sarria, xunto coas familias do alumnado, clubs deportivos e colectivos da vila participan en un ambicioso proxecto sobre a igualdade de xénero, promovido pola Anpa do Ceip Frei luis de Granada e financiado polo plan Corresponsables a través da Secretaría xeral de Igualdade da Xunta.
Este programa está a encher o mes de novembro de actividades para sensibilizar sobre a igualdad de xénero, o respeto e os valores desde un enfoque socioeducativo.
Para conmemorar este próximo 25 de novembro vai ter lugar unha xornada de confereencias, música, taller de cociña, contacontos.... Comezará ás 17:00 na Casa da Cultura de Sarria.