Convenio de colaboración entre a Fapacel e a Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo

Dende a Fapacel vimos de asinar un convenio de colaboración coa Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo do Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo para desenvolver o proxecto de fomento da saúde bucal en poboación preadolescente “Saúde Bucal 4.0. Un novo xeito de coidar a nosa saúde oral dende a Bioloxía e a microbiota".

O proxecto consistirá na realización duns obradoiros onde descubriremos o mundo da Microbioloxía dende un punto de vista didáctico e práctico.
Dirixido a alumnado de 5º e 6º curso de Primaria.

 

 

 

 

 Fapacel - FCDSL