Formación na Pastoriza sobre as Necesidades de Educación Especiais

O pasado 13 de outubro tivo lugar no Ceip O Salvador da Pastoriza unha xornada de formación sobre as NEE, solicitadas polo interese das familias polo tema.

Nun primeiro momento a pretensión é coñecer os transtornos da aprendizaxe e do neurodesarrollo e os signos de alerta de cada unha delas. Explicaron, a logopeda e a psicóloga encargadas da charla, en que consisten os trastornos específicos de aprendizaxemáis frecuentes: problemas de comprensión, lectura, escritura, matemáticas, etc e ostrastornos do neurodesarrollo: Trastornos do espectro autista, Trastornos da Linguaxe e TDAH.

Finalmente contaron cunha rolda de preguntas e respostas para poder solventar todas as dúbidas que poideron xurdir.

A avaliaciónda experiencia foi positiva polo feito de que" é importante coñecer de primeira man as problemáticas que nos podemos atopar no desarrollo das nosas fillas e fillos, os signos destas e a quen recurrir no caso de detectar alguna desas sinais", coomo salientou unha das nais participantes .