FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
"Historia dunha gaivota" chegou a Cervantes
O día 12 de xaneiro tivo lugar a representación da obra teatral "Historia dunha gaivota" das mans de Trécola Procuccións.
Trátase dunha adaptación da obra " Historia dunha gaivota e o gato que a ensinou a voar " de Luis Sepúlveda, unha fábula sobre a amizade,a solidadridade e a importancia de aceptar as diferenzas entre iguais.
Segundo nos informaron, foi unha moi boa experiencia. A obra está moi ben adaptada para infantil e primaria, polo que os nenos e nenas non perderon detalle e estiveron atentos en todo momento. Ó final da función permitironlles á rapazada facer preguntas para satisfacer a súa curiosidade. Así coma tocar e ver de cerca ós "protagonistas" da historia.
Gracias a Trécola por amosarnos o valor da amizade e á Anpa do Cpi de Cervantes por compartila con todos nós.