Obradoiro pola Igualdade de xénero na Afa O Cantel

O pasado 27 de outubro a Afa O Cantel organizou unha actividade adicada ás familias ó completo. Trátase dun obradoiro no que nenos e adultos trataron o tema da igualdade a través do baile tradicional galego.Anha actividade totalmente aberta e  gratuita.

A actividade estivo dirixida por carme Campo e Chus Caramés, co seu proxecto "Andar cos Tempos", un proxecto que nace en 2015 para revisar o baile e a música tradicional galega con perspectiva de xénero. Os seus puntos de traballo até o de agora foron: Identificar os estereotipos de xénero e a carga sexista que transmiten.

Como podemos ver nas fotos, as familias participantes, non só puideron desfrutar do compoñente didactico, senon que foi unha oprtunidade para compartir en comunidade.