FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
Xuntanza en conmemoración ó 8M
Con motivo do Día Internacional da Muller, a Anpa do Cpi de Cervantes organizou unha reunión aberta ó público onde as protagonistas principais foron as mulleres do rural. Para este día organizaron unha serie de actividades, tanto para coñecer o punto de vista das mulleres que manteñen vivo o rural ,como para desfrutar dunha xornada cargada de música e risas. Como nos contan as organizadoras:
"
Falamos das eivas e vantaxes de vivir e ser nai na montaña, a conclusión foi positiva: paga a pena vivir eiquí e hai que loitar porque iso non supoña unha desigualdade para as nosas fillas e fillos.
No encontro e moi relacionado co tema da muller tamén fixemos un obradoiro dirixido por Branca Villares á vez que a mesa de opinión titulado :" Por que cantan as mulleres", onde falamos de criar, de coidados, de traballo e reparto de tarefas na casa, e tamén falamos de violencia machista, da dificultade de visibilizarla en entornos tan reducidos e do moito que nos queda para resolver isto.
Este encontro, ademáis de supor un espazo de conversa que sempre é necesario, tiña tamén como obxectivo sentar as bases ideolóxicas para poñer a andar unha asociación de mulleres rurais.,
As actuacións de Os xardois e de Son de Cores foron xeniais como sempre e tamén o obradoiro de baile tradicional con Rebeca Tallón, xenial."