COA EDUCACIÓN POR DIANTE: actividades

FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876

En relación á problemática surxida coa xestión dos comedores dos colexios públicos de Lugo para o vindeiro curso, e tras a reunión deste luns con parte das 9 ANPAs afectadas, desde FAPACEL, e no nome delas, quixeramos comentar:
As liñas que defenden esta federación e a confederación ANPAS GALEGAS a nivel de toda Galicia é que todos os centros educativos deberan contar con servizo de comedoruniversal, gratuíto e integramente xestionado por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia
Desde hai varios anos as familias do alumnado da montaña de Lugo vimos reivindicando que non se descoide a formación académica dos nosos nenos e nenas por parte da Consellería de Educación, e digo reivindicando porque se está descoidando...como todo o rural.
A FAPACEL desenvolve a súa actividade nunha provincia onde a montaña e o rural son o seu sinal de IDENTIDADE e, polo tanto, a defensa da EDUCACIÓN nestes ámbitos convértese para nós en algo esencial e radical e é polo que queremos pechar este curso escolar, ou iniciar o seguinte, propoñéndovos facer polos Ancares, o domingo 5 de xuño, unha RUTA POLA DEFENSA DO ENSINO NO RURAL.
FAPACEL / Edificio Cei Nodus Concello de Lugo - Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo / fapacel@gmail.com / +34 609 983 876
GaliciaDigital - Aviso Legal - Política de Privacidad - Política de Cookies
Desarrollado por Galicia Digital