CAMBIO DE XORNADA CON OCASION DA COVID
Dende a Confederación Anpas Galegas queremos denunciar a situación de indefensión das familias diante da actitude das direccións de varios centros de ensino en todo o territorio galego, co beneplácito das Xefaturas Territoriais de Cultura, Educación e Universidade no que se refire á autorización de cambio de xornada, amparándose na “excepcionalidade” do contexto da COVID-19.