PRESENCIALIDADE, ENSINO EN LIÑA E OUTRAS PATOLOXIAS EDUCATIVAS
PRESENCIALIDADE, ENSINO EN LIÑA E OUTRAS PATOLOXÍAS EDUCATIVAS
Até o mes de marzo pasado, o Ensino Público era sempre presencial, as nenas e nenos erguíanse pola mañá, collían as súas mochilas sobre cargadas de libros e libretas, e marchaban a clases, ían en autobús, en coches particulares, ás veces -poucas- andando, compartían transporte con outras persoas, compañeiras ou non; e chegaban a centros escolares ateigados de nenos e nenas, ou case baleiros se viven no rural galego, en aulas múltiples ou específicas. Pero había aulas, e docentes nas aulas.