FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
Magosto e Samain 2023 no IES Sanxillao
Visita á Faábrica de Galletas Mariñeiras, CEIP O Salvador
Desta volta o CEIP O Salvador da Pastoriza voltounos a deixar moi bo sabor de boca coas súas actividades.
O 19 de outubro fixeron, a través do programa da Granxa Escola da Deputación, unha excursión a Chantada para poder ver o proceso productivo dunha das lambetadas máis característica da nosa comunidade: as Galletas Mariñeiras.
Como podemos ver nas fotos que nos compartiron, os nenos e nenas , non só poideron ver, senon tamén degustar as famosas galletas. Os afortunados foron os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.
Formación na Pastoriza sobre as Necesidades de Educación Especiais
O pasado 13 de outubro tivo lugar no Ceip O Salvador da Pastoriza unha xornada de formación sobre as NEE, solicitadas polo interese das familias polo tema.
Nun primeiro momento a pretensión é coñecer os transtornos da aprendizaxe e do neurodesarrollo e os signos de alerta de cada unha delas. Explicaron, a logopeda e a psicóloga encargadas da charla, en que consisten os trastornos específicos de aprendizaxemáis frecuentes: problemas de comprensión, lectura, escritura, matemáticas, etc e ostrastornos do neurodesarrollo: Trastornos do espectro autista, Trastornos da Linguaxe e TDAH.
Presntación de escrito por mor da folga do servicio de limpeza
Charla sobre o Bo Trato no CEIP A Anexa
O vindeiro día 30 de outubro terá lugar no CEIP A Anexa a charla sobre o Bo Trato.
Nesta actividade falarase da importancia de coidar de nós mesmos; xa que é o inicio de cómo debemos de tratar ós demais. Especialmente ós nenos e nenas xa que serán os homes e mulleres de mañá.
O coidado exquisito de cada unha das persoas que nos rodean é unha obriga para todos nós, así coma un dereito absoluto que todos e todas merecemos.
Signos de alerta nas NEE, CEIP O Salvador.
Para este venres, 13 de outubro vai ter lugar no CEIP O Salvador, na Pastoriza, unha charla acerca dos Signos de Alerta nas Necesidades de Educación Especiais.
A actividade estará a cargo do Centro Multidisciplinar Neuritas de Lugo e está aberta a todos os que queiran asistir, confirmandoo no teléfono de contacto que aparece no cartaz.
Esperamos que a xornada sexa un éxito!
E informaremos, a posteriori,cómo resultou a experiencia...
Xornada de convivencia da ANPA A Faxarda
Para este primeiro Tecendo Redes que mellor que unha xornada de convivencia...
Foi en colaboración co Concello de Ribadeo e co Centro de Ocio Infantil Con Sentidiño. Unha xornada para poñer en común, as familias, xogos, merenda, aventuras.... Onde os máis pequenos poideron disfrutar de xogos e actividades e os non tan pequenos poideron pasar tempo de calidade cos seus nenos e nenas nun entorno de natureza baixo o sol de finais do verán. ¿Que máis se pode pedir....?
Presentación de escrito polos problemas de transporte
Presentación do "Plan educativo específico para o rural" en Mazaricos
O pasado sábado 6 de maio celebrouse na Picota (Mazaricos) unha xornada para presentar o documento Por un plan educativo específico para o rural, organizada por ANPAS Galegas en colaboración coa Federación Provincial de ANPAS da Coruña – Costa da Morte
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »